
Mobilidade Erasmus Plus en Portugal: experiencia de inmersión cultural en Arcozelo
Dous estudantes do centro iniciaron o pasado 8 de xaneiro unha mobilidade Erasmus Plus en Arcozelo, Portugal, que se desenvolverá ata o 29 de xaneiro, cunha duración de tres semanas.
Durante esta estancia, o alumnado intégrase na vida académica dun instituto portugués e participa activamente no día a día, ao tempo que vive cunha familia de acollida, favorecendo así unha auténtica inmersión lingüística e cultural.
Esta experiencia permite ao estudantado desenvolver competencias persoais, sociais e profesionais, ademais de coñecer de primeira man a cultura e o sistema educativo portugués, reforzando os valores europeos de convivencia e cooperación.
